Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home en Lugo acusado de acoitelar a súa parella

Detido un home en Lugo acusado de acoitelar a súa parella

Presuntamente, o home asestou varias puñaladas á súa parella en distintas zonas do corpo

A agresión rexistrouse sobre as 03:00 horas nunha vivenda da cidade de Lugo

En Vilalba, unha muller está ferida grave despois de ser agredida cun martelo e unha pa pola súa parella 

 

G24.gal 24/11/2024 14:14 Última actualización 24/11/2024 14:41

Esta madrugada, a Policía detivo un home en Lugo acusado de darlle varias puñaladas á súa muller nun piso da cidade.

A agresión rexistrouse sobre as 03.00 horas nunha vivenda da avenida Adolfo Suárez,  segundo fontes policiais. Alí foi onde o home lle asestou, presuntamente, varias puñaladas á súa parella en distintas zonas do corpo.

Tras a agresión, o home foi detido e trasladado a dependencias policiais e os axentes xa abriron unha investigación para aclarar o sucedido. Pola súa banda, a vítima foi trasladada en ambulancia ao hospital universitario Lucus Augusti (HULA).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade