Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cuarto Camiño Violeta contra a violencia machista en Pontevedra

Cuarto Camiño Violeta contra a violencia machista en Pontevedra

Os pontevedreses berran contra os asasinatos machistas

G24.gal 24/11/2024 14:30

A Asociación de Amigos de Pontevedra organizou hoxe polas rúas históricas da cidade o Camiño Violeta. É a cuarta edición dunha marcha a prol das vítimas de violencia machista.

Durante a marcha percorreron case dous quilómetros nos que se lembra con 45 frechas a todas a vítimas mortais de violencia machista de España nos últimos doce meses.

Unha nova frecha por María, a vítima de hoxe da localidade sevillana de Estepa tivo que facerse a toda présa tras o seu asasinato nas últimas horas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade