Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna suma de tres en Tarazona (2-3)

O Celta Fortuna suma de tres en Tarazona (2-3)

O Celta Fortuna escapa dos postos de descenso sumando tres puntos a domicilio en Tarazona

O partido estivo cargado de ocasións e de polémica, os dous equipos remataron o partido con dez xogadores

G24.gal 24/11/2024 14:20 Última actualización 24/11/2024 14:42

O Celta Fortuna impúxose ante a SD Tarazona por 2-3 nun encontro moi movido. Jordi Escobar abreu a lata para a canteira viguesa no 20' tras un pase de Miguel Román.  Un cuarto de hora máis tarde, Escobar recibía un pase maxistral de Pablo Gavián para colocar o 0-2 no marcador.

O Tarazona non baixou os brazos na primeira parte. Primeiro, Adrián Fuentes de penalti e, no engadido do primeiro tempo, Chechu lograba o empate para o equipo local.

Tincho antou no 47' para poñer o 2-3. Un cartón vermello a Pradera deixou ao Tarazoa con dez xogadores no minuto 67. Gael Alonso faría o mesmo para o conxuto vigués rematando a segunda parte, tras recibir o segundo cartón amarelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade