Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo vence o filial do Athletic pola mínima e dorme nos postos de promoción

O Lugo vence o filial do Athletic pola mínima e dorme nos postos de promoción

Decidiu o partido do Anxo Carro un gran gol de Raúl no primeiro tempo

Foto: @AthleticClub
G24.gal 02/11/2024 21:25

O Lugo colle velocidade nesta nova temporada na Primeira Federación. Cun equipo renovado case por completo, cun novo adestrador, na undécima xornada conseguiu por fin encadear tres vitorias consecutivas. Desde a solidez defensiva (leva esas tres mesmas xornadas sen encaixar un gol, e suma so seis en toda a Liga) o conxunto de Lolo Escobar está a ser un conxunto sólido, en condicións de loitar polos postos altos aos que aspiraba.

O triunfo contra o Athletic B chegou grazas a un gran remate desde a frontal da área de Raúl Hernández. Quizais puido facer máis o porteiro vasco, pero o caso é que o disparo sorprendeuno e converteuse no gol do triunfo.

Un gol deste Lugo é sinónimo de bos resultados. Tocaba defender a renda, e os galegos non tiveron excesivos atrancos diante dun rival que ocupa postos de descenso, e que non foi quen de inquedar a portería de Marcos Lavín. Medra o Lugo, e festexou o triunfo co público do Anxo Carro, que aínda non veu perder aos seus esta temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar