Publicador de contidos
Publicador de contidos

Támara Echegoyen despídese da carreira olímpica

Támara Echegoyen despídese da carreira olímpica

Participou en catro Xogos logrando unha medalla de ouro e rozou o bronce no 2016 e 2021

G24.gal 18/11/2024 20:56

Támara Echegoyen despídese  da carreira olímpica. Así o anunciou a través das súas redes sociais. A Campioa olímpica en Londres 2012 xa avanzara que os Xogos de París serían os últimos como regatista e así o confirmou este luns. No seu comunicado  avanza que disfrutará do mundo olímpico desde outro punto de vista, agradece a todos os que a acompañaron nesta extradordinaria aventura.

Echegoyen debutou co ouro de Londres. Cambiou de clase no Río 2016 (49er FX) Xogos Olímpicos nos que quedou a un paso da medalla de bronce ao igual que lle aconteceu en Toquio 2020. No 2024 en París pechou o cuarto ciclo olímpico e as súas participacións, uns Xogos nos que foi a abandeirada do equipo español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos