O Celta inicia unha semana de traballo que culminará recibindo o Barcelona
O Celta inicia unha semana de traballo que culminará recibindo o Barcelona
Giráldez traballa sen os internacionais preparando ese partido do sábado ás 21:00
Os xogadores do filial Hugo Burcio e Antañón estiveron na sesión
O Celta comezou a semana do partido do Barcelona cunha preparación baixo mínimos. Cos xogadores espallados coas súas respectivas seleccións, Claudio Giráldez tivo que botar man do filial para completar a sesión de adestramento. Hugo Burgo e Andrés Antañón traballaron ás ordes do porriñés.
Despois da parada obrigada da Liga volverá con forza a Balaídos o vindeiro sábado ás 21:00 horas. O líder Barcelona visita o campo dun Celta que quere amosar as feituras de equipo que demostrou diante do Atlético de Madrid e Real Madrid aínda que con mellor sorte no resultado final.
Os números do Barcelona de Flick meten medo. Once vitorias e só dúas derrotas; e, por riba de todo, o dato de goles a favor (40 en 13 partidos). Tampouco está nada mal o ratio dun Celta que empatou na última xornada no campo do Real Betis (2-2) e que marcha nunha cómoda undécima posición con sete puntos de marxe sobre o descenso e a só tres dos postos europeos.