Comeza a Copa Davis do adeus de Rafa Nadal
Comeza a Copa Davis do adeus de Rafa Nadal
Rafa Nadal amosou a súa ambición de xogar na conferencia de prensa previa ás finais da Copa Davis, onde dixo que non viaxou a Málaga coa selección española "parar retirarse" senón que intentará axudar o equipo "a gañar". A participación de Nadal non está confirmada e será algo que decida o martes o capitán do equipo español, David Ferrer.
Este torneo é tan especial para o mallorquino porque será a última vez que xogue un partido oficial. E faino noutro dos torneos que o coroou e no que acredita un palmarés impresionante. O número un do equipo español será Carlos Alcaraz, que acaba de ser eliminado na fase de grupos da Copa de Mestres e que chegou a Málaga cun pequeno arrefriado ao que lle quitou importancia.
O primeiro rival ao que se enfrontarán os españois serán os Países Baixos. Os neerlandeses metéronse na rolda final da Davis os tres últimos anos e contan con dous xogadores perigosos, como Griekspoor e Van de Zaandschulp, que xa sabe o que é gañarlle a Alcaraz no Aberto dos Estados Unidos.