Nadal e Alcaraz deleitan en Riad no seu derradeiro enfrontamento
Nadal e Alcaraz deleitan en Riad no seu derradeiro enfrontamento
A un mes da súa despedida na Copa Davis, o balear foi derrotado por 6-3, 6-3
Carlos Alcaraz gañoulle con claridade a Rafa Nadal en dous sets (6-3, 6-3) no que foi o derradeiro partido como rivais entre os dous mellores xogadores da historia do tenis español. Alcaraz xogará contra Jannik Sinner na final do Six Kings Slam e Nadal irá ao partido de consolacion contra o serbio Novak Djokovic. Os dous xogadores con máis Grand Slams tamén terán un derradeiro baile no torneo de exhibicion de Riad.
Nadal non xogaba un partido desde o 29 de xullo, cando perdeu precisamente con Djokovic na segunda rolda do torneo olímpico. Agora atópase preparando a que vai a ser a súa despedida oficial, en Málaga, nas finais da Copa Davis, onde compartirá equipo con Alcaraz.
O murciano, número dous do mundo, gañou nunha hora e vinte minutos. Non precisou sacar o seu mellor xogo. Chegoulle con conservar o saque en todo momento e dar o golpe necesario en cada set rompendo un servizo de Nadal.