Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jéssica Bouzas métese en cuartos de final do WTA 250 de Guangzhou

Jéssica Bouzas métese en cuartos de final do WTA 250 de Guangzhou

A galega colócase de forma provisional no posto 55, a súa mellor clasificación mundial ata a data

G24.gal 23/10/2024 12:48 Última actualización 23/10/2024 12:51

Jéssica Bouzas accede a cuartos de final do WTA 250 de Guangzhou tras superar en oitavos de final esta mañá á chinesa Han Shi por 6-3 e 6-4 nunha hora e media de partido. É a vitoria número 49 do ano para a de Vilagarcía, que volveu completar outro moi bo partido ante unha moza rival de 19 anos que non llo puxo fácil.

Jéssica xogará o venres por un posto en semifinais contra a gañadora do duelo entre a norteamericana Caroline Dolehide e a checa Marie Bouzkova, que é a cabeza de serie número dous do evento e a número 47 do mundo.

Coas súas dúas vitorias en Cantón, Jéssica asegúrase outra semana máis no top 60 e colócase de forma provisional no posto 55, a súa mellor clasificación mundial ata a data.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos