Gabri Veiga, o novo capitán da selección sub-21
Gabri Veiga, o novo capitán da selección sub-21
O xogador do Porriño estreou esa condición no último amigable contra Inglaterra
Gabri Veiga (Porriño, 2022) é aos seus 22 anos un dos xogadores con máis experiencia na selección sub-21. Veiga traballa para chegar no mellor estado ao Europeo e sabe da súa ascendencia no grupo nun equipo co que xa xogou 16 partidos e marcou 2 goles.
"É unha sorte formar parte deste equipo. Podemos facer un gran papel. Tiven a sorte de aprender moito da anterior xeración na que era un dos máis cativos e agora tócame interpretar aquí o papel de xogador experimentado", confesou Veiga, que xogará o seu segundo Europeo sub-21.
O galego levou a braceira de capitán por primeira vez diante de Inglaterra no último amigable, un partido que nunca vai esquecer. "Fora capitán unha vez no Celta pero é algo ao que non estou habituado. É un orgullo levar a capitanía e quedarei con ese momento para sempre" asegurou o canteirán do Celta.