Gabri Veiga e a súa marcha a Arabia Saudita: "Estou moi orgulloso do paso que tomei"
Gabri Veiga e a súa marcha a Arabia Saudita: "Estou moi orgulloso do paso que tomei"
Está seguro de que o Celta vai sair adiante porque ten un grandea adestrador e bos xogadores
O canteirán do Celta, ex do equipo vigués e actual xogador do Al Ahli, Gabri Veiga, falou por primeira vez da súa marcha de Vigo e a súa decisión de irse a Arabia Saudita, unha das sorpresas do último mercado.
Ao preguntarlle polo feito de que moita xente non entendeu a súa elección, o porriñés afirma na Cadena Ser:
"Respecto todas as opinións ao máximo. Neses días, non paras a pensar no que opine a xente, senón no que penses ti e os teus seres queridos", comenta.
A decisión era súa, subliña, e está "tranquilo e orgulloso", entendendo que tomou a mellor decisión. Admite estar "en proceso de adaptación" e tentando aprender dos grandes xogadores que o rodean, entre eles un Firmino co que conta que fixo boa amizade.
"Teño un adestrador novo, un equipo con estrelas, unha liga que medra moito... Foi un paso cara ao futuro".
En canto á vida alí, está o contraste entre "que en Vigo chove e alí non cae unha pinga en todo o ano", á parte dunha cultura diferente e que se adestran polas tardes pola calor.
Deixa claro que segue todos os partidos do Celta.
"Co gran míster e os grandes xogadores que ten o Celta, van saír adiante".