Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gol olímpico de Gabri Veiga co Al Ahli saudita

Gol olímpico de Gabri Veiga co Al Ahli saudita

O xogador do Porriño demostra estar totalmente recuperado e marcou un golazo de córner directo

G24.gal 22/10/2024 09:11

Gabri Veiga demostra estar totalmente recuperado das lesións que o condicionaron a temporada pasada. O xogador do Porriño marcou un golazo de córner directo na vitoria do Al Ahly saudita diante do Al Rayyan, partido correspondente á terceira xornada da Liga de Campións asiática.

O seu equipo gañou por 2-1 e o gol de Veiga foi o que abriu o marcador. Con este resultado o Al Ahly mantén o pleno de triunfos e comparte a primeira posición co Al Hilal. No campionato ligueiro non lle van tan ben as cousas ao conxunto de Arabia xa que está no medio da táboa clasificatoria, lonxe dos primeiros postos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar