Publicador de contidos
Publicador de contidos

Insuficiente remonta de Támara e Paula

Insuficiente remonta de Támara e Paula

Os resultados foron mellores ca os dos dous primeiros días, pero seguen fóra da Medal Race

G24.gal 30/07/2024 17:35

Ao terceiro día de regatas comeza a remonta da galega Támara Echegoyen e de Paula Barceló na loita por unha praza na Medal Race. Os dous primeiros días foron nefastos, o primeiro remataron 19ª, 15ª e 14ª, e o segundo día 12ª, 4ª e 18ª. 

Despois deses resultados todo facía indicar que a opción de entrar na Medal Race era imposible, pero a parella española non se vai render tan facilmente, e no terceiro día de competición lograron mellorar un pouco os resultados, 13ª, 7ª e 5ª. Pasan da 17ª posición na xeral á 13ª, a 3 postos e 12 puntos de Canadá, que marca a entrada na Medal Race ao final do tercer día

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos