Primeiro ouro para España no 49er de vela
Primeiro ouro para España no 49er de vela
Diego Botín e Florian Trittel conseguen o primeiro posto na Medal Race
Sexta medalla para a delegación española e primeiro ouro en París
España conseguiu hoxe o seu primeiro ouro nestes Xogos Olímpicos. Diego Botín e Florian Trittel finalizaban en primeiro lugar a Medal Race na modalidade de 49er, conseguindo a sexta medalla da delegación española en París.
A parella de velistas só superou en catro regatas un rexistro de máis de 10 puntos. A regularidade amosada ao longo da competición permitiulles enfrontar a Medal Race como primeiros na clasificación xeral e claros favoritos a gañar a proba.
Pasaron por tódalas marcas liderando a regata final e sempre sacándolle máis de 10 segundos aos seus perseguidores. Ó termo da competición, os españois situábanse no máis alto da táboa clasificatoria con 86 puntos, 14 menos que os velistas de Nova Zelandia, que tiveron que conformarse co segundo lugar.
Botín e Trittel logran o primeiro metal dourado para a expedición olímpica.