Publicador de contidos
Publicador de contidos

Enmanuel Reyes xa exhibe na Coruña a súa medalla de bronce olímpica

Enmanuel Reyes xa exhibe na Coruña a súa medalla de bronce olímpica

Enmanuel: "Estou supercontento, porque esta é a miña cidade e aquí está a miña xente"

G24.gal 14/08/2024 12:38 Última actualización 14/08/2024 12:46

De Pequín regresou co mal sabor de boca de quedar ás portas, pero de París Enmanuel Reyes Pla, o Profeta, trouxo un gran sorriso asociado á súa medalla de bronce olímpica en boxeo.

O cubano asentado na Coruña regresou este mércores pola mañá á cidade e foi recibido no aeroporto de Alvedro por un bo número de amigos, compañeiros de ximnasio e afeccionados que non quixeron pasar a oportunidade de fotografarse coa nova medalla herculina dos Xogos Olímpicos.

Un tanto emocionado, o púxil de orixe cubana pero asentado na Coruña desde hai sete anos, mostrou a súa gratitude polo agarimo exhibido polos seus.

"Estou supercontento, porque esta é a miña cidade e aquí está a miña xente. Síntome feliz por todo o que fixemos. Non conseguín máis, porque os árbitros non foron xustos na pelexa que fixen".

Enmanuel Reyes empezará desde xa a preparar o ciclo olímpico que o ten que levar aos Ánxeles 2028 coa vista posta en chegar á final da súa categoría e pelexar pola medalla de ouro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade