Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o exboxeador George Foreman aos 76 anos de idade

Falece o exboxeador George Foreman aos 76 anos de idade

Foi ouro olímpico e dúas veces campión dos pesos pesados do boxeo

Quedan para a historia as súas pelexas con Muhammad Ali e Joe Frazier

G24.gal 22/03/2025 11:03

Un dos mellores boxeadores de todos os tempos, George Foreman, faleceu onte aos 76 anos de idade, segundo confirmou a súa familia cunha mensaxe nas redes sociais. Foreman tivo un lendario percorrido no mundo do boxeo, desde que se proclamou campión olímpico nos Xogos de México en 1968.

En 1973 conquistou o título mundial dos pesos pesados do boxeo nun mítico combate contra Joe Frazier en Kingston (Xamaica). Tamén protagonizou o coñecido como "Combate do século" diante de Muhammad Ali, que o derrotou en Kinshasa (Congo), despois de defender dúas veces con éxito o seu título.

Pero George Foreman é un exemplo de lonxevidade, e en 1994 converteuse no boxeador máis veterano en gañar o título mundial. Recuperouno vencendo a Michael Moorer aos 45 anos.

Despois de deixar o boxeo, Foreman foi un exitoso home de negocios. Nada máis coñecerse o seu pasamento, sucedéronse as mensaxes de condolencia no mundo do deporte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar