Enmanuel Reyes Pla perde e queda co bronce
Enmanuel Reyes Pla perde e queda co bronce
O púxil perdeu por decisión do xurado(4-1) ante Loren Alfonso
Enmanuel Reyes Pla, o boxeador nacido na Habana e domiciliado na Coruña, perdeu por decisión do xurado ante o loitador de Azerbaixán, Loren Alfonso.
Enmanuel Reyes Pla tiña unha misión, un obxectivo, e no seu combate de semifinais saíu a buscalo con toda a intención do mundo. Hiperactivo , dominador e levando a iniciativa tentou conectar golpes coa máxima precisión mentres o seu rival defendíase e contraatacaba cando atopaba a oportunidade. A decisión do xurado despois do primeiro round foi de 3-2 para Loren Alfonso, o que lle outorgou unha gran vantaxe para o resto do combate.
Con esta situación Emmanuel Reyes Pla tomou, agora de maneira aínda máis clara, a iniciativa e o mando da pelexa. Era el quen buscaba, quen o intentaba e quen chegaba a conectar co corpo e rostro do púxil de Azerbaixán. O seu rival, pola contra, buscaba obstaculizar o combate e que pasara o menos posible facendo valer o seu resultado a favor da primeira manga. Así foi, ata o punto que o xurado outorgou un 4-1 para Loren Alfonso. A reacción do recuncho de Reyes Pla foi o "se non está facendo nada" que se lle escoitou ao seu adestrador no tempo entre o segundo e o terceiro "round".
Xa nos últimos tres minutos, Enmanuel Reyes Pla tiña o combate perdido en canto á decisión do xurado, o que non lle impediu seguir buscando o hipotético K.O. que lle daría a vitoria. O seu rival buscou que non houbera pelexa, tratar de interromper a súa batería de golpes, e así o conseguiu botándose contra o seu corpo en repetidas ocasións para demorar o ritmo do combate. Sonou a campá e Reyes Pla felicitou igualmente ao seu contrincante, que levaba un 4-1 a favor dos xuíces difícil de explicar para o recanto español.
Con esta derrota Enmanuel Reyes Pla perde as opcións de pelexar polo ouro, pero leva a casa un bronce que tiña asegurado previo a este combate.