Publicador de contidos

Publicador de contidos

A RFEF pide información sobre o proceso de avaliación de sedes do Mundial 2030, en que Balaídos quedou fóra

A RFEF pide información sobre o proceso de avaliación de sedes do Mundial 2030, en que Balaídos quedou fóra

"Imos a meter valores ata que nos cadre" comentou na xuntanza previa á decisións das sedes a directora da candidatura María Tato

G24.gal 24/03/2025 18:56

A Federación Española de Fútbol pediu información á comisión da candidatura do Mundial 2030 sobre o proceso de avaliación das sedes, en que Vigo e Valencia quedaron fóra, aínda que do equipo que fixo a selección o verán pasado só unha persoa continúa con vínculo á RFEF. 

Fontes da RFEF confirmaron á Axencia EFE que están agardando a recibir un informe, pero xa teñen constancia de que houbo moitos borradores -non só dous- cos que se estivo traballando sobre as sedes e que se foron axustando de acordo aos requirimentos da FIFA antes de enviar o libro da candidatura o pasado mes de xullo. 

Ao longo deste luns desde a Xunta, a alcaldía de Vigo e o PP desta cidade pedíronlle explicacións á RFEF ante a nova publicada polo xornal El Mundo. Nela indicábase que se manipularan as puntuacións das sedes para quitar a Balaídos e beneficiar o estadio de Anoeta, en San Sebastián. 

Desde a chegada á presidencia da RFEF de Rafael Louzán nas eleccións do pasado 16 de decembro, despois de que a FIFA confirmou a España xunto a Marrocos e Portugal como organizadores da competición, o dirixente galego expresou a súa vontade de incluír tanto a Vigo como a Valencia na lista definitiva das sedes españolas do mundial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade