O Baxi Ferrol comeza o asalto ao título da Eurocup
A ida da final contra o Villeneuve francés xogarase este mércores na Malata (G2 e Agalega.gal a partir das 20:00 horas)
Non hai cita máis importante en Ferrol que a do Baxi este mércores na Malata. O equipo que dirixe Lino López xoga a ida da final da Eurocup fronte ao Villeneuve francés.
As ferrolás están protagonizando unha temporada para enmarcar. Sétimas clasificadas na liga, avanzan con paso firme cara o play off por segundo ano consecutivo. Na Eurocup suman 13 vitorias, un empate e dúas derrotas. Agora, están a dous pasos de coroarse.
Ángela Mataix é, canda Gala Mestres e Pospisilova, das poucas xogadoras que continuaron ao rematar o curso pasado. O baloncesto tíñalle reservada unha sorpresa espectacular. Agárdase cheo na Malata para o partido de ida. Xógase ás oito e poderán velo na G2 e en Agalega.gal.