Santi Rey: "Non podemos poñer bancadas supletorias, poremos cadeiras"
A Malata abre a final co Villeneuve francés, o pavillón terá 3.500 gorxas animando o equipo de Lino López
Queda unha semana para un momento sobranceiro do deporte galego, a final da Eurocup feminina co Baxi Ferrol como protagonista. A ida será en Ferrol. A Malata abre a final co Villeneuve francés. O pavillón terá 3.500 gorxas animando o equipo de Lino López. E máis que podían berrar se non fora pola capacidade do recinto.
"Non podemos poñer bancadas supletorias, poremos cadeiras"
"Tratar de que veña o maior número de xente. Non volveremos ver unha final"
"Chegariamos a 6.000 afeccionados"
"Se o din no verán, diriamos que están bébedos"
Ferrol prepárase para unha cita sen precedentes. O primeiro equipo galego de baloncesto que xoga unha final continental.