Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manzanara: "É importante non decaer, queda moito e pode ser un calvario"

Manzanara: "É importante non decaer, queda moito e pode ser un calvario"

O centrocampista manchego non descarta seguir a próxima tempada no equipo ferrolán, aínda que indica que "falaremos ao final de tempada"

G24.gal 19/03/2025 17:10 Última actualización 19/03/2025 17:15

Fran Manzanara é un xogador da casa. Desde que chegou ao Racing deu ao equipo todo o que tiña dentro, con maior ou menor acerto ou fortuna. Tras facer un gran traballo na campaña do ascenso á Segunda División, na tempada pasada viviu un pouco á sombra de Jesús Bernal, xa que se atascou un pouco na nova categoría.

Esta segunda campaña podía ser a súa, aínda que non tivo sorte coas lesións. Tras o 0-0 fronte ao Eibar o xogador valora que é insuficiente, sobre todo porque o partido era en casa.

"Un punto importante, con todo, é que deixamos a portería a cero. O camiño para poder sumar de tres en tres pasa por aí, porque non nos fagan goles", dixo o manchego.

O xogador falou de como viven a situación os xogadores no vestiario.

"É importante non decaer. Queda moito e pode ser un calvario"

"A situación é a que é, moi complicada, moi difícil, estamos a moitos puntos de saír, pero quedan once partidos e aquí non se pode tirar a toalla. Hai que sacar os máximos puntos posibles e que nos dá para salvarnos pois moi ben e se non nos dá, polo menos que se vexa que o tentamos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos