Alejandro Menéndez: "Non facemos nada peor ca o que fan os rivais"
"O desgaste mental dos xogadores é moi grande"
O adestador xixonés considera que o Rácing ten moitas cousas mellores que os rivais pero a diferenza atópase en "concretar todo iso no gol"
Alejandro Menéndez compareceu na rolda de prensa previa ao partido deste sábado contra o Eibar. O adestrador xixonés afirmou que "o desgaste mental dos xogadores é moi grande", pero destacou a experiencia dos xogadores neste tipo de situacións: "É un equipo acostumbrado a estar nesa zona e recupérase ben para afrontar a xornada seguinte".
Ademais, o técnico do conxunto ferrolán asegurou que o Rácing "non fai nada peor ca o que fan os rivais" e que incluso ten moitas cousas mellores. Sen embargo, a diferenza atópase de cara a porta: "O diferenzal está en concretar todo iso no gol".