Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol métese en play off cunha agónica vitoria na pista do Araski (71-72)

O Baxi Ferrol métese en play off cunha agónica vitoria na pista do Araski (71-72)

Catro tiros libres no último minuto permitíronlle remontar diante dun rival que se xogaba a permanencia

G24.gal 19/03/2025 23:09

O Baxi Ferrol impúxose na pista do Araski (71-72) e volve a postos de play off con 14 vitorias e 12 derrotas. O resultado tamén lle axuda ao Celta porque o Araski é o equipo que marca a salvación e queda cun só triunfo de marxe sobre o cadro vigués. 

O primeiro cuarto foi de escaso acerto ofensivo (14-13). No segundo o Baxi estivo máis atinado e chegou ao descanso cunha mínima vantaxe (30-34) grazas ao traballo en ataque de Pospisilova (11 puntos) e Mestres (9). No terceiro cuarto parecía que o Baxi quería marchar (33-39) pero o Araski conseguiu agarrarse ao encontro e ao último cuarto chegou cinco abaixo (50-55). 

Cun parcial de 15-7 o equipo vitoriano volvía a coller o mando do encontro (65-62). Ao Baxi custáballe moito anotar e entrou no último minuto tres abaixo (71-68). Foi o acerto nos tiros libres o que decantou a balanza para o equipo galego. Primeiro atinou Blanca Millán e a oito segundos do remate Joiner facía os dous lanzamentos que culminaban a remonta (71-72). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade