O Lugo asalta Balaídos e sae dun descenso no que mete ao Fortuna
Juan Rodriguez marcou o gol da vitoria no minuto 86, xusto despois do empate do filial celeste (1-2)
O Lugo gañou en Balaídos (1-2) e deu un paso de xigante para a permanencia, un resultado que mete nun serio problema a un Celta Fortuna que queda nos postos de descenso con 33 puntos.
O dominio territorial correspondeu ao Fortuna desde o primeiro minuto. O plan de partido do Lugo era roubar e saír con velocidade e tivo a primeira gran ocasión cun remate cruzado de Guille Perero. Respondeu o central Gael Alonso cun remate desde a frontal que sacou Cacharrón.
📏 𝐎𝐬 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐩𝐨𝐬 𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐞𝐫𝐨𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐭𝐨 𝐝𝐨 𝐠𝐨𝐥
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 19, 2025
⏱️ 30' @CanteiraCeleste 0-0 @CDeportivoLugo
Vémolo na 📺📲 G2 | https://t.co/LIIjoUaoBi pic.twitter.com/875BDHdTNB
Ao filial do Celta custoulle moito atopar fendas na defensa do Lugo. Só ameazaron cunha tentativa de El Abdellaoui e un remate desde unha posición afastada de Ángel Arcos antes do descanso.
O partido cambiou no primeiro minuto do segundo tempo. Un centro de Lizancos rematouno Jon Cabo marcando o gol do Lugo. O equipo de Seligrat conseguía o seu obxectivo no segundo achegamento. Unha situación ideal conscientes do seu poderío defensivo
Custoulle ao Celta B xerar oportunidades pero, cando máis seguro estaba o Lugo en defensa, chegou o gol de Hugo González no minuto 82.
Non pasaran nin cinco minutos desde o empate cando chegou o definitivo 1-2 nunha acción a balón parado que rematou Juan Rodriguez e na que os xogadores locais pediron falta sobre Marc Vidal.