Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fer López e El Abdellaoui póñense a disposición do Fortuna para enfrontarse ao Lugo

Fer López e El Abdellaoui póñense a disposición do Fortuna para enfrontarse ao Lugo

O parón do primeiro equipo facilita que poidan estar no partido do mércores (19:00, G2) e da fin de semana diante do Barakaldo

G24.gal 17/03/2025 19:57

A parada do fútbol en Primeira División podería ter consecuencias positivas para o Celta Fortuna, que se xoga a permanencia na Primeira Federación. Con 33 puntos, empatado co Lugo que ocupa praza de descenso, o Fortuna podería ter dous reforzos de luxo para o partido deste mércores diante do equipo lugués (19:00 horas, G2 e Agalega.gal). 

Fer López non xoga co fortuna desde o mes de decembro de 2024. Era a xornada 15 do campionato cando participou no encontro co Zamora. Desde entón está en dinámica do primeiro equipo, cunha lesión incluída que o afastou dos terreos de xogo durante cinco semanas. Nese intervalo disputou oito partidos de Liga, tres deles como titular e demostrou ter nivel de sobra para achegar a súa calidade en Primeira División. Co Fortuna era un dos mellores xogadores da categoría con 4 goles e accións determinantes en cada partido. 

O caso de El Abdellaoui é diferente. Estivo co primeiro equipo pero non chegou a debutar en ningún dos oito encontros aos que foi convocado. Co Fortuna xogou catro partidos pero o seu papel non resultou tan determinante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade