Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mingueza, concentrado cunha selección española da que cae Bryan Zaragoza

Mingueza, concentrado cunha selección española da que cae Bryan Zaragoza

O dianteiro do Osasuna tivo que deixar a convocatoria cun problema muscular

G24.gal 17/03/2025 19:33

Bryan Zaragoza, cun problema muscular, converteuse na terceira baixa dos xogadores convocados por Luis de la Fuente para a disputa dos cuartos de final da Liga das Nacións diante dos Países Baixos. O dianteiro do Osasuna engádese a Íñigo Martínez e Marc Casadó, postos que foron cubertos por Huijsen e Aleix García. Zaragoza ten un problema no muslo dereito que sufriu no partido do pasado domingo no Sadar. 

O seleccionador decidiu reducir a lista inicial nun xogador e non chamará a ninguén para cubrir a baixa de última hora. A ampla presenza de dianteiros con Lamine Yamal, Nico Williams, Yeremy Pino, Dani Olmo, Ayoze Pérez, Ferran Torres, Morata, Samu Omorodion e Mikel Oyarzabal, fan que o técnico considere que a posición está cuberta dabondo.

A selección española, co xogador do Celta Óscar Mingueza, xa ten os 26 convocados en Las Rozas preparando o dobre enfrontamento diante dos Países Baixos. O 20 de marzo coa ida de Roterdam e a volta tres días despois en Valencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade