Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mal partido dun Celta Fortuna que recibe o empate no último minuto (1-1)

Mal partido dun Celta Fortuna que recibe o empate no último minuto (1-1)

O filial celeste adiantouse cun gol de Escobar pero non conseguiu aumentar a vantaxe e sufriu a igualada á saída dun córner

G24.gal 14/03/2025 22:11

Non pasará á historia o partido que xogaron en Balaídos o Celta Fortuna e o Sestao. O mellor parecía o resultado para un Celta Fortuna que chegaba á cita moi necesitado de vitorias grazas ao gol de Jordi Escobar no minuto 27 da primeira metade. Pero no 89 igualou o Sestao á saída dun córner e deixou tocado o equipo de Fredi Álvarez. 

Partido de fútbol mediocre e no que case non houbo oportunidades. O Sestao tivo a súa nada máis comezar o partido cun lanzamento que se estrelou contra o pau. Logo chegou o gol de Escobar para o Celta e outra oportunidade máis do conxunto vigués antes do descanso. 

Na segunda parte o Sestao viuse na obriga de levar a iniciativa e iso custoulle moito ao conxunto vasco. O Celta Fortuna non sufría en defensa pero tampouco inquedaba en ataque. Só un lanzamento de Tincho e un remate de cabeza de Ángel Arcos espertaron o público do sopor xeralizado. O gol de Gaizka Martínez do único xeito que podía marcar o Sestao, nun balón parado, acabou por impedir o triunfo celeste que suma catro xornadas sen gañar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade