Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Beti Onak sorprende e elimina o Mecalia Guardés

O Beti Onak sorprende e elimina o Mecalia Guardés

O equipo galego, líder da Liga Guerreras, non estivo ao seu nivel habitual e foi superado polo equipo navarro (26-22)

G24.gal 14/03/2025 21:41 Última actualización 14/03/2025 22:01

A competición de Copa é propicia para as sorpresas. E a gran sorpresa destes cuartos de final da Copa da Raíña foi a eliminación do Mecalia Guardés diante do Beti Onak (26-22). O equipo navarro, noveno na Liga Guerreras superou desde o principio do encontro ao líder da liga regular e que só perdera un partido no que levabamos de campionato. 

O Guardés comezou moi atrancado en ataque e só foi capaz de marcar 3 goles nos primeiros doce minutos (5-3). O Beti Onak manexou esa vantaxe ata o descanso ao que se chegou cun 11-9.

Na segunda parte o Mecalia empatou (13-13) pero un parcial de 5-0 (18-3) puxo un marcador moi perigoso. Ana Seabra buscou todo tipo de solucións, conseguiu achegarse aos tres goles grazas a cinco goles seguidos de Carme Castro (19-16) pero non conseguiu culminar a remonta. A cinco minutos do final o Beti Onak volvía a poñerse cinco arriba (23-18). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade