Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés asalta unha das pistas máis difíciles da competición

O Mecalia Guardés asalta unha das pistas máis difíciles da competición

Derrotou por 25-31 ao Granollers e mantense firme no primeiro posto

G24.gal 23/02/2025 14:57

O Mecalia Guardés ten garantido un posto entre os tres primeiros do campionato despois do triunfo na pista do Granollers. Agora loitará por gañar a fase regular da competición e ter vantaxe de campo en todas as eliminatorias polo título. 

A boa entrada no partido resultou fundamental para lograr a vitoria. Mediado o primeiro tempo gañaba o Mecalia por 4-8 e chegou ao descanso con seis goles de diferenza (10-16). Na segunda parte conseguiu aguantar a diferenza. Tivo un momento de crise cando o Granollers se puxo a só tres goles (16-19) pero conseguiu aguantar e acabou gañando por seis (25-31). 

Dentro do bo nivel de todo o equipo a máis destacada no Mecalia foi Elena Amores con seis goles. No Granollers Ester Somaza estivo sobresaínte con 10 goles pero quedou moi soa nas responsabilidades ofensivas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade