Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés derrota o Gran Canaria (21-19) e afianza o liderado

O Guardés derrota o Gran Canaria (21-19) e afianza o liderado

As galegas puideron resolver o encontro logo dun gran parcial contra o descanso, pero acabaron sufrindo

O Mecalia suma 32 puntos logo de dezasete xornadas, cunha única derrota

G24.gal 15/02/2025 22:31

O Mecalia Guardés segue intratable neste treito da temporada. As de Ana Seabra, que acaba de renovar por unha temporada máis, sumaron un novo triunfo, contra un rival da parte alta como é o Rocasa Gran Canaria, que aguantou o ritmo anotador das locais ata o 9-8 a cinco minutos para o descanso. A partir de aí destapáronse as galegas, que abriron unha fenda de 6 goles no intervalo (14-8), e de 7 aos cinco minutos da continuación.

Pero as canarias refixéronse, apertando en defensa e permitindo so un tanto local durante 10 minutos, o que as fixo achegarse perigosamente.

O Guardés manexou mellor os minutos finais, malia a que, do 20-15, as visitantes chegaron ao 21-19, e fixo valer un triunfo apoiado nos catro goles de Jazmín Mendoza, máxima anotadora. O equipo galego destaca no liderado con 32 puntos, despois de gañar 16 partidos e ceder unha única derrota. Ten catro puntos de marxe sobre o Málaga na cabeza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade