Para Giráldez foi "un día de celtismo e de ilusión"
"Levo eu peor deixar a Aspas no banco ca el" sinalou o adestrador celeste
Claudio Giráldez valorou o triunfo que lle permite ao Celta durmir no noveno posto e igualar con Betis ou Osasuna, conxuntos que levan todo campionato loitando por Europa. Tamén amosou moita fachenda por despedir con triunfo a bancada de Gol e considerou o partido un día "histórico, de celtismo e de ilusión".
O partido decidiuno un gol de Iago Aspas que tivo que agardar no banco a súa opción ata o minuto 65. "Levo eu peor deixalo no banco ca el", indicou o técnico celeste. "É o noso capitán, o noso líder o o que fai el non o pode aportar ninguén" comentou sobre o goleador.
Na mesma liña estivo a opinión de Vicente Moreno, o adestrador de Osasuna. "Aspas é un xogador que xera moito dentro do campo e xera transmitindo á bancada" sobre a incidencia que tivera a entrada súa no partido e o gol da vitoria.