Cargando resultados...
Aspas estará case un mes de baixa por unha lesión no sóleo esquerdo
Aspas estará case un mes de baixa por unha lesión no sóleo esquerdo
Non estará o venres en Vallecas para medirse co Raio Vallecano en partido que ofrecerá a Televisión de Galicia
G24.gal
07/01/2025 14:59
Última actualización 07/01/2025 15:06
Lesión muscular de Iago Aspas. Sufriuna no partido de Copa en Santander. Os médicos do Celta confirmaron hai unhas horas o alcance da lesión. Aspas ten danado o soleo da perna esquerda.
Non ofrecen tempo de inactividade, pero dificilmente estará o venres en Vallecas para medirse co Raio Vallecano en partido que ofrecerá a Televisión de Galicia. Este tipo de lesións acostuman a ter un paro de tres a catro semanas.
🏥 Parte médico: Iago Aspas
— RC Celta (@RCCelta) January 7, 2025