Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido por agredir e queimar a súa nai en Mos

Detido por agredir e queimar a súa nai en Mos

A muller tivo que ser hospitalizada

O fillo, de 28 anos, sofre unha enfermidade mental e está en avaliación psiquiátrica

G24.gal 06/01/2025 14:06 Última actualización 06/01/2025 20:30

Un mozo foi detido en Mos por queimar supostamente a nai na vivenda familiar a noite de Reis. A muller presenta feridas graves na cara. Os feitos ocorreron na casa familiar na parroquia de Tameiga, arredor das dez da noite.

Alguén alertou a Garda Civil de que se estaba producindo unha agresión grave. Os axentes presentáronse axiña no lugar e accederon á forza ao interior da vivenda. Atoparon a muller, de setenta anos, que tiña queimaduras graves na cara e tamén cortes realizados supostamente cun obxecto punzante.

O seu fillo, e presunto agresor, pechárase no baño e ante a insistencia dos axentes tratou de fuxir saltando pola ventá. Pero foi detido nada máis tocar o chan. Ten 28 anos e sofre unha enfermidade mental pola que precisa medicación. Arestora permanece ingresado na unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro, á espera de ser posto a disposición xudicial en canto sexa posible.

A súa nai, de setenta anos, permanece ingresada no Álvaro Cunqueiro recuperándose das graves queimaduras, sobre todo na cara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar