Cargando resultados...
Morre un home nunha rúa de Irún por unha posible agresión
A Ertzaintza investiga o posible homicidio do falecido localizado na beirrarúa cun traumatismo cun golpe na cabeza
Rúa do Irún onde localizaron o cadáver do home de 45 anos cun golpe
G24.gal
20/04/2025 20:22
Última actualización 20/04/2025 20:34
A Ertzaintza investiga o posible homicidio dun home que apareceu morto cun golpe na cabeza nunha rúa de Irún. Os feitos sucederon contra as dúas da mañá deste domingo.
Varios cidadáns avisaron unha patrulla de axentes que estaba nas proximidades de que un home precisaba asistencia sanitaria, a resultas supostamente dunha agresión.
Os policías realizáronlle manobras de reanimación pero cando chegaron os sanitarios confirmaron a súa morte. Agora a investigación trata de determinar as circunstancias do falecemento do home de 45 anos e os seus culpables.