Os fisterráns recrean a Resurrección de Cristo un ano mais
O Domingo de Resurrección é o día grande da Semana Santa de Fisterra
As celebracións contan coa declaración de Interese Turístico Internacional
O Domingo de Pascua é un día grande en Fisterra e a chuvia respectou a celebración.
"Teño 80 anos e nunca na vida choveu na Resurrección. É un milagre".
Centos de persoas asistiron á recreación do momento da Resurrección de Xesús no adro da igrexa da Nosa Señora das Areas. A representación culminou coa danza dos paus.
"Moita emoción porque a nena que representa o anxo é a miña filla. É unha pena que o tempo non axude, pero en Fisterra hai moitísima devoción pola Semana Santa".
Rematan as representacións das etapas da Paixón de Cristo que se levan a cabo durante a Semana Santa e que contan coa declaración de Interese turístico Nacional. Os fisterráns son os protagonistas dunha tradición que pasa de pais a fillos.
"A xente participa moito, toda a xente da vila. Para nós, é moi importante".
"É o que nos ensinan desde que nacemos, un sentimento que nos poñen desde que somos ben rapaces. É algo que levamos dentro, non sei como explicalo".
As festas do Santo Cristo rematan este luns. Pero durante todo o ano, na igrexa das Areas, manteñen o culto ao Cristo da Barba Dourada.