Claudio Giráldez recoñece o interese do Celta por Jones El-Abdellaoui
Claudio Giráldez recoñece o interese do Celta por Jones El-Abdellaoui
É a perla do fútbol en Noruega e custaría catro millóns de euros
Jones El-Abdellaoui é o xogador que pretende o Celta. Futbolista de dezaoito anos, noruegués, centrocampista de corte ofensivo e da xeración de 2006. A perla do fútbol en Noruega que custaría catro millóns de euros.
Que Jones El-Abdellaoui veña a Vigo depende da saída de Tadeo Allende. Viría para alternar o filial co primeiro equipo. Jones El-Abdellaoui pertence ao Valerenga que volveu a primeira división norueguesa. Moito que ver os tres goles marcados por este futbolista, que ten a dobre nacionalidade de Marrocos e Noruega e que se decantou en termos de internacionalidade por defender a Noruega.
Claudio Giráldez admitiu que “non está asinado”, pero recoñeceu que “está encima da mesa”, e cualificouno como “un bo xogador” na conferencia de prensa posterior ao partido contra o Rácing de Santander.