Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iago Aspas, Óscar Mingueza e Borja Iglesias danlle a benvida a 2025

Iago Aspas, Óscar Mingueza e Borja Iglesias danlle a benvida a 2025

O Celta, por primeira vez, preparou este 31 de decembro un especial a través da súa canle de YouTube para despedir o ano e recibir o 2025

G24.gal 01/01/2025 12:33 Última actualización 01/01/2025 12:40

O Celta, por primeira vez, preparou este 31 de decembro un especial a través da súa canle de Youtube para despedir o ano e recibir ao 2025. Iago Aspas, Óscar Mingueza e Borja Iglesias foron os mestres de cerimonias dunha emisión gravada na Sede que incluía conexións con Balaídos, onde Cristina Martínez, do departamento de prensa, charlaba con invitados: os xogadores do Celta Fortuna Pablo Meixús e Joel López; as futbolistas de As Celtas Sara Álvarez, Muñi, e a capitá, Lara Martínez-que non ocultaron o seu desexo de ascender-, e a presidenta do club, Marián Mouriño, e en cuxo novo videomarcador déronse as badaladas.

"Foi un ano especial para o celtismo", dicía a presidenta.

"Temos que conservar sempre esta maxia".

Comeron as uvas cunha gravación en que se oía a voz de Ramón García con Borja repetindo que non lle daba tempo e que probablemente eran as máis grandes que comeu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade