Publicador de contidos
Publicador de contidos

Guaita, Marcos Alonso, Jailson, Manquillo, Alfon e Carreira xa son axentes libres

Guaita, Marcos Alonso, Jailson, Manquillo, Alfon e Carreira xa son axentes libres

Marcos Alonso é o único que ten case asegurada a súa continuidade

G24.gal 01/01/2025 15:42 Última actualización 01/01/2025 15:48

Vicente Guaita, Marcos Alonso, Jailson Marques, Javier Manquillo, Alfon González e Sergio Carreira son os seis futbolistas do RC Celta que desde este mércores 1 de xaneiro xa poden negociar con outros clubs, ao finalizar a súa vinculación coa entidade galega o próximo 30 de xuño.

Marcos Alonso, fichado o pasado mes de setembro coa tempada xa iniciada, é o único que ten asegurada a súa continuidade, xa que está preto de cumprir o número de partidos fixados no seu contrato para ampliar o seu contrato ata 2026.

A dirección deportiva do Celta, liderada polo mexicano Marco Garcés, tamén confía en chegar a un acordo con Alfon González e Sergio Carreira, futbolistas que deron o salto ao primeiro equipo da man de Claudio Giráldez.

Vicente Guaita, Javier Manquillo e Jailson Marques chegaron a Balaídos avalados por Rafa Benítez. O porteiro foi titular indiscutible tanto co técnico madrileño como con Giráldez, mentres que Manquillo e Jailson tiveron menos regularidade polas lesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar