O celtismo acode a Balaídos celebrar a renovación de Iago Aspas
O celtismo acode a Balaídos celebrar a renovación de Iago Aspas
O equipo preparou o partido de Copa ante 5512 afeccionados celestes
A imaxe do día atopámola en Balaídos, na tradicional xornada de portas abertas coa que o Celta agasalla os afeccionados. Unha sesión de adestramento con público para goce dunha afección enganchada ao equipo e cada día medrando máis.
Afeccionados de todas épocas e idades. Os futbolistas que dirixe Claudio levan un tempo agradando e creando unha atmosfera marabillosa en Balaídos. Coma esta mañá. Na bancada a solicitude de camisetas, os focos apuntaron especialmente a Iago Aspas como capitán e voceiro dos valores do Celta moderno. O de Moaña celebrou a renovación co público, un total de 5512 seareiros.
No terreo de xogo só faltou Douvikas. O grego está enfermo. Douvikas pediu a saída nos últimos días. Considera que carece dos minutos que merece. Hugo Álvarez e Borja Iglesias tamén apareceron nas peticións dos seareiros. Xogadores que teñen unha estima singular entre a afección.
A tribuna de Balaídos encheuse. O equipo ultima a preparación do primeiro compromiso de 2025. O encontro de Copa do domingo no Sardinero.