Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión para o veciño de Moaña que protagonizou unha persecución polas rúas de Vigo

Prisión para o veciño de Moaña que protagonizou unha persecución polas rúas de Vigo

Fuxiu da policía durante unha hora, acadando por momentos os 180 quilómetros por hora 

Estado en que quedou o coche tras a persecución Estado en que quedou o coche tras a persecución
G24.gal 02/01/2025 10:27

O veciño de Moaña que protagonizou unha persecución polas rúas de Vigo ingresou no día de onte en prisión provisional.

Fuxiu da policía durante unha hora e durante a persecución acadou velocidades de ata 180 quilómetros por hora en zonas limitadas a 30 ou 50 de máximo, como na avenida de Madrid.

Segundo informaron fontes do TSXG, o condutor está investigado por condución temeraria, condución baixo os efectos das drogas ou de alcol, condución sen permiso, condución con risco para a seguridade da vía, condución a maior velocidade da permitida na vía (superando o límite máximo en máis da metade), atentado contra axentes da autoridade, ameazas e danos. O xulgado inhibiuse en favor do Xulgado de Instrución 8, ao que corresponde a investigación pola data dos feitos.

O condutor e único ocupante fuxiu por varias rúas da cidade, circulando de forma temeraria, invadindo o carril contrario e chegando a chocar con varios vehículos policiais.

Nun momento determinado, saíu do centro urbano pola A-55 a gran velocidade, alcanzando o 180 km/h, en dirección ao Porriño, aínda que abandonou a autovía á altura do Meixoeiro e continuou pola Estrada Vella de Madrid conducindo de forma moi perigosa.

O sospeitoso internouse despois na autoestrada AP-9 e rompeu a barreira da peaxe nas Gándaras, no Porriño, e incorporouse á VG-20, continuando pola Avenida de Citroën, onde perdeu o control do coche despois de bater contra un vehículo policial e esnafrarse contra o muro da factoría Stellantis.

Os axentes procederon entón á súa detención, mentres que o condutor opuña unha forte resistencia e ameazaba os funcionarios. Ademais, a policía atopoulle 4,8 gramos de cocaína e, ao realizarlle as probas de drogas, estas deron positivo para cocaína, cánnabis e metanfetaminas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade