Investigan a un menor de 14 anos que colleu o coche dun familiar e tivo un accidente
Investigan a un menor de 14 anos que colleu o coche dun familiar e tivo un accidente
O conductor tivo que ser escarcerado polo bombeiros e trasladado ao hospital. Con el viaxaban outros dous menores que tamén tiveron que ser hospitalizados
O rapaz, que ao parecer colleu o coche sen permiso familiar, perdeu o control do vehículo, saíuse da vía e acabou envorcado no concello de Laza
Un menor de 14 anos do municipio ourensán de Laza está sendo investigado pola Garda Civil por coller sen permiso o coche dun familiar. e posteriormente sufrir un accidente, con envorco, cando viaxaba con outros dous menores.
O sinistro produciuse ás 19,30 horas da tarde do pasado xoves nunha pista paralela á estrada OU-113 que une as localidades de Verín e Laza, segundo informou a Garda Civil.
Ata alí mobilizáronse, ademais de efectivos sanitarios e de emerxencias, unha patrulla da Garda Civil, que comprobou que o coche estaba conducido por un mozo de 14 anos que, acompañado por outros dous menores, perdeu o control do vehículo, saíuse da vía e acabou envorcado.
Como consecuencia do impacto, o condutor tivo que ser excarcerado polos profesionais dos servizos de emerxencias para, a continuación, ser trasladado en ambulancia a un hospital, do mesmo xeito que os outros dous ocupantes do turismo.
O Equipo de Investigación de Sinistros Viarios de Verín investiga ao menor por conducir un vehículo de motor sen obter nunca un permiso de condución con resultado de accidente.
celsa.martinez