Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trece persoas mortas e 29 feridas no accidente dun autobús en Colombia

Trece persoas mortas e 29 feridas no accidente dun autobús en Colombia

A policía investiga se o autobús sinistrado tivo algún problema técnico

O autobús caeu por un barranco da estrada Panamericana
G24.gal 04/01/2025 13:37 Última actualización 04/01/2025 13:51

O autobús colombiano sinistrado caeu por un barranco arredor das sete da mañá. A bordo do vehículo viaxaban dous condutores e 40 turistas que ían a un santuario que hai na fronteira con Ecuador.

Segundo as primeiras informacións, todos os ocupantes do autocar eran de nacionalidade colombiana. Trece persoas faleceron e 29 quedaron feridas.

Posible causa

Algúns dos superviventes permanecen ingresados en hospitais da zona en estado moi grave.
A policía investiga se o autobús sinistrado tivo algún problema técnico que provocase ou facilitase o accidente.

Gravado a moita velocidade

Os medios colombianos difundiron imaxes previas ao sinistro, nas que se ve o autobús circulando a moita velocidade; minutos despois, e nunha desas curvas, precipitouse ao fondo do barranco.

Arredor de oito mil persoas morren cada ano en Colombia en accidentes de tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade