Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve e o xeo dificultan o tráfico aéreo e terrestre en Alemaña e no Reino Unido

A neve e o xeo dificultan o tráfico aéreo e terrestre en Alemaña e no Reino Unido

A zona máis afectada polo temporal é o norte de Inglaterra

O xeo e a neve impiden, ou dificultan considerablemente, o tráfico aéreo
G24.gal 05/01/2025 19:39

O temporal de neve, chuvia e baixas temperaturas que sofre o Reino Unido esta fin de semana obrigou a pechar temporalmente as pistas dos aeroportos de Manchester, Liverpool, Birmingham e Leeds. A neve e o xeo presentes nas pistas e nos avións non garantían a seguridade do transporte aéreo. A reapertura das pistas foi lenta e parcial, o que obrigou a cancelar centos de voos e a atrasar o resto. 

En Inglaterra hai zonas illadas, con corenta centímetros de neve

As fortes nevadas e xeadas tamén afectaron ao transporte ferroviario e por estrada, especialmente no norte de Inglaterra, onde hai zonas illadas con corenta centímetros de neve. O temporal tamén provocou cortes de enerxía eléctrica en Birmingham, Bristol e Cardiff.  

Centos de voos anulados ou aprazados en Alemaña

Aínda que en menor medida, o temporal tamén afecta esta fin de semana a Alemaña, onde aeroportos coma os de Múnic, Frankfurt ou Stuttgart tiveron que cancelar ou aprazar moitos voos a consecuencia da neve e do xeo. As autoridades alemás aconselláronlle á xente que non saia ás estradas agás que sexa absolutamente necesario.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade