Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as frecuencias de conexión por autobús entre A Coruña, Lugo e A Mariña

Aumentan as frecuencias de conexión por autobús entre A Coruña, Lugo e A Mariña

 Comeza a funcionar a chamada Liña Conecta, que incorpora case cen viaxes directas máis á semana, por estrada, entre as sete da mañá e as sete e media da tarde

G24.gal 01/01/2025 16:02

A Xunta activa este mércores 1 de xaneiro a nova concesión de autobús entre A Coruña, Lugo e A Mariña, que incorpora a primeira Liña Conecta entre A Coruña e Lugo, con 92 servizos directos máis á semana.

Segundo explican nun comunicado, a implantación da concesión, que atende a medio centenar de concellos, reforza as conexións da Mariña e Vilalba coas cidades.

Esta liña é a primeira das novas liñas da Rede de transporte expreso impulsada pola Administración autonómica para reforzar as conexións directas entre as principais cidades de Galicia.

Destacan que cos novos servizos directos rebáixase a duración das viaxes a pouco máis dunha hora e que a través deles ofrécense, de luns a venres, oito servizos ao día en cada sentido entre as 7.00 e as 19:30 horas.

Así, xunto cos servizos directos actuais, que inclúen paradas nos hospitais, de luns a venres funcionará un servizo directo cada hora entre ambas as cidades entre as 6.30 e as 20:30 horas.

As fins de semana haberá tres servizos de ida e outros tres de volta ao día e os festivos, un por cada sentido. Os sábados prolongaranse ao centro comercial Marineda City un servizo de ida e outro de volta, con saídas ás 10:00 horas de Lugo e ás 19:00 horas do complexo comercial.

Ademais, a nova concesión incorpora outras melloras nas conexións da Mariña e Vilalba. Os domingos e días de fin de ponte engádese un servizo de Viveiro á Coruña ás 18:00 horas que facilita principalmente a mobilidade dos estudantes da Mariña que viaxan á cidade.

Tamén se activa un novo servizo de Vilalba a Lugo máis pronto, con saída ás 7:15 horas, que permitirá chegar a Lugo á primeira hora da mañá.

A liña que conecta Viveiro e Lugo pola Gañidoira prolóngase a Burela, co que se melloran as conexións deste concello coa capital de provincia con catro servizos ao día de luns a venres, tres de ida (6:45, 8:45 e 15:15 horas) e un de volta ás 15:30 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar