Publicador de contidos
Publicador de contidos

A muller mallada polo seu fillo en Cerdedo-Cotobade está en coma inducido

A muller mallada polo seu fillo en Cerdedo-Cotobade está en coma inducido

O agresor está nunha cela de psiquiatría do hospital provincial de Pontevedra

G24.gal 04/01/2025 14:21 Última actualización 04/01/2025 15:16

As veciñas máis próximas a Rita viron o corpo da muller de 79 anos ensanguentado e cheo de contusións no chan do seu salón. Con elas, estaba a irmá da vítima.  Aínda permanecen en estado de shock.

Tamén foron testemuñas do momento no que o fillo recoñecía os feitos. Seguen conmocionadas. Só a carteira do lugar, que tamén se chama Rita, tivo a serenidade de reaccionar chamando a Garda Civil e o 112.

Ata estes últimos tempos a relación da vítima con este fillo de 46 anos din que era excepcional. Moitos consideran que era o predilecto da nai, aínda que os últimos días algúns xa o notaron estraño.

Nesta pequena parroquia de Santa María de Sacos, en Cercedo-Cotobade, todos se coñecen e saben por familiares que á vítima se lle induciu un coma esta noite na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O prognóstico non é favorable.

Tamén segue hospitalizado Antonio, o fillo que supostamente mallou nela ata deixala case exánime. O home de corenta e seis anos está nunha cela da área de psiquiatría do hospital de Pontevedra. Cando os forenses o autoricen prestará declaración nos xulgados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade