O can de palleiro, unha especie en perigo de extinción, gaña prestixio
O can de palleiro, unha especie en perigo de extinción, gaña prestixio
Facerse cun exemplar da raza autóctona de Galicia require uns seis meses de espera
De darlle pouco valor a ser mascota de moda. O can de palleiro experimentou nas últimas dúas décadas unha evolución sorprendente. Tamén no que respecta á súa poboación. Aínda que se mantén en perigo de extinción. A progresión do can autóctono de Galicia foi dos cen exemplares a principios de século aos 2.500 actuais. É o resultado do bo traballo do club promotor desta raza.
"Que plenamente funcional para traballo e para compañía e mesmo para traballos de altas capacidades como a cadela que se acaba de graduar na Garda Civil, con outra que acaba de ir para a Policía Nacional ou a que se graduará como can de traballo para a ONCE para guiar persoas invidentes", di Daniel Conde, presidente do Club de Raza Can de Palleiro.
A maior poboación de can de palleiro corresponde á provincia da Coruña. A demanda é alta e a espera media para facerse cun exemplar anda polos seis meses e o prezo dun cachorro pode superar os 350 euros.
O can de palleiro deixará de ser considerada especie en perigo de desaparecer cando o censo alcance os 5.000 exemplares. Mentres tanto a protección e promoción das distintas capas da raza contará coa axuda da Xunta; 20.000 euros ao ano ata 2028.