Aparece o cadáver dunha muller nunha praia de Porto do Son
Aparece o cadáver dunha muller nunha praia de Porto do Son
O corpo foi atopado na praia da Arnela por un veciño que paseaba polo areal
Atopan o cadáver dunha muller na praia da Arnela, no concello de Porto do Son. Un veciño da zona que estaba paseando polo areal foi quen atopou o cadáver e quen alertou as forzas de seguridade. Tras ter constancia dos feitos, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061; Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Protección Civil.
🔴 #AXEGAInforma da localización do corpo sen vida dunha muller en Porto do Son.
— 112 Galicia (@112Galicia) January 6, 2025
📍 Praia de Arnela, Baroño.
➡️ Foi achada na area por un particular.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @salvamentogob. @GardacostasGal, @guardiacivil e Protección Civil de Porto do Son. pic.twitter.com/i5m1cD6Lvf
Polo momento descoñécese a identidade da falecida. A vítima, duns 50 anos, non levaba documentación. Ao lugar trasladouse unha patrulla de Padrón que deu aviso ao forense e ao xuíz, para proceder ao levantamento do cadáver, así como un equipo da Policía Xudicial.
O cadáver foi trasladado ao tanatorio de Boqueixón para practicarlle a autopsia.