Publicador de contidos
Publicador de contidos

Á espera de pasar a disposición xudicial o home detido por matar a súa nai en Baracaldo

Á espera de pasar a disposición xudicial o home detido por matar a súa nai en Baracaldo

A autopsia que realiza o Instituto vasco de Medicina Legal determinará as causas da morte

Non existían denuncias previas de violencia doméstica

Domicilio de Baracaldo onde se produciu o crime
G24.gal 04/01/2025 14:20

Continúa en comisaría o detido por matar presuntamente a súa nai tras unha discusión no domicilio familiar, na localidade biscaíña de Baracaldo. A vítima tiña 84 anos e o fillo 60. A ertaintza mantén aberta a investigación á espera de coñecer os resultados da autopsia.

O detido, que xa cumpriu unha condena por violencia de xénero, permanece na comisaría á espera de pasar a disposición xudicial. O departamento de seguridade do goberno vasco asegura que non existen denuncias previas por violencia doméstica pero os veciños comentan que o fillo maltrataba á nai.

"Os veciños din que era moi violento, queixábanse del, e din que maltrataba a nai pero chegar a isto que fixo".

O crime tivo lugar este venres ao redor das catro e media da tarde. Os veciños escoitaron berros e avisaron á ertzaintza, que se desprazou ao lugar xunto a un equipo de sanitarios. No domicilio atoparon á muller. de 84 anos, xa falecida. Segundo os investigadores, todos os indicios apuntan a que morreu tras ser agredida polo seu fillo. A autopsia qie se realiza no Instittuo vasco de medicina legal  determinará as causas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade