Filipe VI destaca o papel das Forzas Armadas na dina durante o discurso da Pascua Militar
Filipe VI destaca o papel das Forzas Armadas na dina durante o discurso da Pascua Militar
A ministra de Defensa referiuse aos militares como "auténticos heroes" e garantiu que as FFAA permanecerán en Valencia o tempo que sexa necesario: "Temos a obriga de non deixalos sós"
No acto estivo presente o presidente do Goberno e, por segunda vez, a princesa Leonor
O rei, Filipe VI, destacou o valor das Forzas Armadas e das forzas e corpos de seguridade do Estado durante o seu discurso da Pascua Militar. Asegura que a traxedia da dina supuxo a maior operación militar en territorio nacional en tempo de paz, unha tarefa na que queda, dixo, "un longo camiño" por diante.
Foi no transcurso dos actos organizados con motivo da Pascua Militar celebrados no Palacio Real de Madrid coa cúpula dos tres Exércitos e a Garda Civil, a cerimonia castrense máis importante do ano.
O rei destacou o papel das Forzas Armadas e corpos de seguridade como "elemento esencial da acción do Estado e como apoio ás administracións públicas ante calquera emerxencia".
Margarita Robles asegura que as Forzas Armadas permanecerán en Valencia o tempo que sexa necesario
No acto, ao que asiste o presidente do Goberno, tomou a palabra a ministra de Defensa. No seu discurso, Margarita Robles, destacou que España está orgullosa das súas Forzas Armadas.
Cualificou os militares de "auténticos heroes" polo labor que desenvolveron en Valencia tras o paso da dina e garantiu que as Forzas Armadas estarán en Valencia o tempo que sexa necesario.
Robles destacou a necesidade de traballar unidos para levar a cabo esta tarefa e recalcou: "Temos a obriga de non deixalos sós".