Remata a 'rave' ilegal de Cidade Real despois de seis días de troula
Remata a 'rave' ilegal de Cidade Real despois de seis días de troula
5.000 persoas chegadas de toda Europa participaron na macrofesta ilegal
A chuvia propiciou o desaloxo voluntario dos participantes
A macrofesta 'rave' de Cidade Real chega ao seu fin despois de seis días ininterrompidos de música e xolda.
5.000 persoas chegadas de toda España e de distintos puntos de Europa mantiveron a festa durante 150 horas desafiando o frío. Pero a chuvia que comezou na véspera de Reis acelerou o desmantelamento dos escenarios e só queda na zona unha mínima parte dos participantes que se resisten a poñer fin á troula.
A Garda Civil confirmou que os asistentes estaban desaloxando a zona próxima ao aeroporto da cidade onde chegaran o primeiro de ano. O concello de Cidade Real pedíralle este luns á Delegación do Goberno que acabara coa 'rave' que nunca tivo autorización e que estaba xerando problemas de seguridade. Pero xa non foi necesario o desaloxo pola forza. Durante os seis días de macrofesta a policía detivo 10 persoas e puxo 65 denuncias, a maioría por drogas.